Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sexta-feira, 18 de janeiro de 2008

O vento vai pra onde quer, a água corre pro mar

Confeso que cando comecei estes artigos non sabía cal sería o terceiro problema. Creo que escollín o numero 3 porque parecía que a serie quedaba máis completa. En calquera caso non é difícil atopar novos problemas, ten moitos onde escoller. Pero cal sería o suficientemente definitorio da vida na cidade? Cal podería estar á altura dos dous anteriores?

Como dicía Bob Dylan, a resposta está no vento. E se no primeiro artigo derribaba un mito negativo, agora vou ter que facelo cun positivo. O clima en São Paulo non é paradisíaco. Quen pense que en todo o territorio brasileiro o sol brilla o ano enteiro está moi equivocado.
Nesta cidade fai frío en inverno (non tanto como no sur do país, onde chega a nevar) e fai calor en verán (non tanto como no norte do país). E ademais do calor, chove.

No youtube hai varios vídeos de treboadas na cidade, pero o que máis me gustou foi este:
http://www.youtube.com/watch?v=WRozpP-6iUY&feature=related
Non sei se é auténtico, pero está moi logrado.

Ao que ía: São Paulo é coñecida como "a terra da garoa", palabra que utilizan para denominar o que nós coñecemos como "poalla". A chuva está presente durante grande parte do verán (agora mesmo, sen ir máis lonxe), e frecuentemente de forma abundante (hai unhas horas, sen ir máis lonxe). Isto deixa inundacións, riadas, raios e un vento de mil demonios.

Agora que o cambio climático está en boca de todos, falar do tempo é case unha banalidade; así que non me extendo máis. Só recordarvos que se vides por aquí non esquezades a roupa de praia, pero tampouco esquezades o paraugas. Quen avisa non é traidor.

Nenhum comentário: