
Actualmente as persoas de orixe española son vistas no país con certo receo despois do importante aumento no número de brasileiros aos que lle foi prohibida a entrada no país. Todo comezou coa noticia da deportación dunha física brasileira que facía escala en Madrid para asistir a un congreso en Lisboa. A partir dese momento, comezaron a sucederse as historias de persoas que foron a España apenas para coñecer a T3 de Barajas. O problema apuntado en moitos casos foi a falta de documentación, pero coñecendo a policía española non me sorprendería algún tipo de prexuízo. Porque senón a presenza de tantas mulleres novas?
Porén, o peor de todo é o tratamento que estas persoas recibiron, sendo obrigados a permanecer incomunicados e sen dereito a case nada. Obviamente, o goberno brasileiro non permaneceu de brazos cruzados ante isto, e a reciprocidade non tardou en comezar a funcionar.
Toda esta voráxine acabou, como non podía ser doutra forma, con panos quentes. Agora parece que todo volve paulatinamente á normalidade. Esperemos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário