Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

quinta-feira, 17 de abril de 2008

Dengue, denge, den-dengue; denge, denge, den-dengue (léase co ritmo da canción "O Sândalo" de Tom Zé)

Unha das noticias de atualidade nas últimas semanas, que mesmo chegou a dar a volta o mundo, é a que fai referencia aos estragos causados por este odioso mosquito exipcio.

Son case 57.000 casos no municipio de Rio de Janeiro, con 54 mortes na cidade e 89 en todo o estado. Non é especialmente letal, porque o tratamento non é difícil. Precisamente por iso é que existe unha certa revolta social, polo feito de que nos tempos actuais morra xente dunha cousa que ten unha prevención relativamente simple.

Aquí na cidade de São Paulo non se coñece ningún caso de momento, xa que a configuración xeográfica e o clima non favorecen a propagación como ocorre en Rio. É máis probable que a epidemia se traslade ao norte do país, pois nesta época do ano o clima do sudeste comeza a volverse máis seco.

Varias persoas famosas contraeron a enfermidade nos últimos tempos: Luciano Huck, Deborah Bloch, Kelly Key, Grazielli Massafera. Non vos soa ningún? Talvez o ximnasta Diego Hypolito, bicampeón do mundo en solo? Tampouco? Esperade ás olimpiadas...

A viñeta é do xornal O Progresso (nada que ver co de Lugo).

Nenhum comentário: