Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

domingo, 29 de junho de 2008

Parabéns para min

Hai uns días foi o meu aniversario. Nestas alturas da miña vida xa non xera a expectación nin a ansiedade de cando era neno, ás veces nin me dou conta ata o mesmo día. Este ano, porén, volvín a sentir esa conta atrás dos días previos. Logo entenderedes por que.
En aniversarios pasados adoitaba dar unha ollada na páxina de efemérides do xornal. Non é porque o feito de eu ter nacido ese día fose contribuir a facer del unha data gloriosa. Simplemente por curiosidade. E realmente non encontraba ninguén interesante co que compartise data de nacemento (Kathleen Turner, Salman Rushdie, etc.). Ata este ano.
Actualmente recibimos en casa o xornal A Folha de São Paulo (por pouco tempo). Entre outras cousas interesantes, ten as tiras cómicas de Garfield. Eu sempre pensei que Jim Davis morrera e agora os xornais non facían outra cousa que republicar viñetas vellas. Pero recentemente deime conta que a data aparece semiescondida a un lado do debuxo e os comics de Garfield continúan saíndo diariamente.
Iso non é todo. Deime conta que este gato mordaz estaba no mes de xuño achegándose ao seu aniversario. E cando faltaban 3 días para o meu, el tamén estaba á mesma distancia do del. Conclusión: Garfield naceu o mesmo día que eu! (Aínda que un ano antes)







A viñeta do aniversario deste ano non foi especialmente memorable, mesmo sendo o trixésimo. Así que a modo de celebración coloquei aquí a primeira e a dos 10 anos (clicando nelas vense en grande). Tedes todas as que queirades en http://www.garfield.com

Nenhum comentário: