Volvamos rápidamente ao asunto das eleccións. Paseando polas rúas de São Paulo, sorprendeume un vehículo con megafonía facendo propaganda dun candidato a vereador que eu non coñecía. O seu nome: Otero, Antonio Luís Guimarães de Álvares Otero.Tentei buscar algunha cousa sobre os seus ascendentes e posibles vinculacións coa nosa terra, pero non tiven éxito. O máximo que encontrei foi a súa páxina web e un buscador de candidatos no que se recollen os principais datos dos aspirantes a concellal, incluíndo un vídeo promocional e unha declaración de bens (o señor avogado ten un patrimonio nada desprezable...). Se sae elexido teño que porme a buscar algún parentesco. Brincadeira, doutor Otero.
Nenhum comentário:
Postar um comentário