Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

domingo, 17 de maio de 2009

Dia das Letras Galegas

Como xa facía nos tempos do fotolog, un ano máis vou lembrar a unha desas persoas que fixeron grande a nosa língua. Pero como este é un blog galego-brasileiro, vou enfrontalo con outro grande autor desas latitudes.

Que sairía dunha conversa entre Xosé Neira Vilas e Graciliano Ramos de Oliveira?

Non sería tan incrible que tal encontro pudese ter acontecido. Graciliano viviu en Rio de Janeiro dende a década dos 40 ata o final da súa vida en 1953. Neira Vilas, ao que aínda temos a sorte de ter entre nós, xa levaba 4 anos como emigrante en Buenos Aires cando Graciliano Ramos faleceu. Quen sabe se o quebrangulense non chegou a visitar a capital Arxentina, ou talvez o cruceño fose coñecer a cidade maravilhosa? Como non o sei, só podo imaxinar unha hipotética cita literaria entre ambos os dous.

Sen dúbida terían temas en común para falar. Neira escribiu o que é considerado o libro máis lido da historia da literatura galega, unha obra prima do realismo social. Graciliano compartía esta visión literaria realista onde a crítica das miserias da sociedade era o pano de fondo. E conversarían seguramete sobre cans...

Neira Vilas describiríalle ao do Balbino: "Pachín era pequenote, marelo. Tiña unha penca no fuciño que lle locía moi pavera cando trizaba. Gostáballe barullar pola mañán. Un xeito de saúdo. Os seus ladros de chós iban dirixidos ós árbores e ós paxaros. ¡Cómo se adivertía choutando pola eira adiante!"
E certamente Graciliano falaríalle de Baléia, o quinto membro da familia do Fabiano.

Sería un diálogo moi interesante, sen dúbida. Sobre o duro que é deixar a túa terra cando non tes alternativas, sobre a necesidade de buscar traballo onde sexa. Unha conversa de emigrantes, en definitiva.

Nenhum comentário: