Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sábado, 9 de maio de 2009

Música para camaleóns 3 (Os políglotas)

Aínda que foi citado anteriormente, Roberto Carlos merece unha atención especial polo feito de facer as súas propias versións. Podemos ver a mesma canción en portugués, español e italiano. Ou esta outra en inglés.

O outro grande expoñente da música romántica, Julio Iglesias, tamén sabe un pouco diso de cantar en varios idiomas. A lenda di que son 14! Ademais do seu idioma materno, o español, consegue cantar en portugués, francés, inglés, alemán, italiano, chinés, tagalog, bahasa e mesmo galego... ou algo semellante. Son eu o único ao que todas as cancións lle parecen a mesma? Os títulos, polo menos, son diferentes.

Pouca xente o sabe, pero na miña casa hai un disco de Toquinho en italiano. Eu sempre prefiro a orixinal, aínda que tamén a fixo en español. Despois houbo quen se encargou de estropeala... pero esa persoa non merece hipervínculo.

E se falamos de Italia e de música romántica, non podemos esquecer a Laura Pausini, que fala razoablemente ben portugués, e tamén canta. Aquí tedes a mesma canción en italiano e español.

Seguro que hai máis políglotas, pero conseguir dous brasileiros, un español e unha italiana é unha mostra o suficientemente representativa, non?
Pido perdón por todos os videoclips pasteloides enlazados neste post.

Um comentário:

Zabu disse...

Que preciosa é Aquarela na versión orixinal.. ainsss...