PERSONAXES
Sr. Thomas Martin, director comercial de ASMICE.
Sr. J. García, demandante de emprego.
ACTO I
É mediodía. Sala de reunións da empresa ASMICE, modestamente amoblada, pero con bo gusto. Na parede do fondo hai dúas estanterías con material promocional, além dun póster sobre o producto estrela da compañía. No centro da sala está a mesa de reunións con sete cadeiras, unha delas levemente separada da mesa e situada diante dunha morea de papeis e unha botella de auga coronada por un vaso de plástico.
O Sr. García pasea inquieto fronte as estanterías, ollando para a porta situada no lado oposto da sala mentres espera que o seu interlocutor entre en calquera momento. No instante en que o Sr. García examina un folleto ábrese a porta e entra o Sr. Martin.
SR. MARTIN - Boas tardes.
SR. GARCÍA (Tusindo para aclarar a voz) - Boas tardes.
SR. MARTIN (Facendo un aceno coa man) - Por favor, tome asento.
O Sr. Martin examina o CV do candidato e realiza as pertinentes preguntas que o Sr. García vai respondendo con máis ou menos acerto. Nunha delas, tras ouvir a resposta, o Sr. Martin sorrí e fai unha pausa intencionada. O Sr. García observa a reacción con certa preocupación.
SR. MARTIN - Non se ofenda. É que nunca me deran esa resposta para esa pregunta.
SR. GARCÍA (Tentando aparentar autocontrol) - Non hai problema. A resposta foi errónea?
SR. MARTIN - Iso vaino descubrir vostede dentro de 12 días.
A DANZA DA VIDA
-
O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do
oeste. Xa a Venus de Cerigo rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as
Gracias ...
Há 7 anos
13 comentários:
Nossa, fiquei curiosa! Qual foi a pergunta e qual a resposta?!
Sr. García,
Nossa, fiquei curiosa! Qual foi a pergunta e qual a resposta?! [2]
Por que dentro de 12 dias?
Voce vai começar a trabalhar?
O meu amigo o Sr. García me disse que dentro de 12 dias tem uma segunda entrevista na mesma empresa, caso seja escolhido. Se passar pode ser que comece a trabalhar em setembro.
Que boa noticia!
Entao diga ao seu amigo Sr. García que eu desejo boa sorte a ele!
E continuo curiosa quanto a pergunta e resposta!
Beijos
A pergunta e a resposta estão no Ato segundo da peça.
Pois entón agardamos o II acto do folletín con impaciencia...
Non deixo de pensar en Dostoievski... por que?
(verificaçao de palavras:
enteness... terá algo que ver cun monstro nun lago?)
A verdade é que me inspirara máis en Ibsen, pero Dostoievski tamén mola. Esperemos que haxa segundo acto, porque tamén podería ser unha obra inconclusa.
O verificador de palabras é un cachondo...
O que quer dizer 'mola' mesmo? :)
Eu tamén quero saber como se di "mola" en Brasil :)
verificaçao de palavras:
whant (what do you want?)
Unha cousa que mola é uma coisa que é legal.
Ai meu Deus! (E com licença, gostaria de começar a pertencer à comunidade de fans comentaristas do blogue)... Ai meus Deus!, digo. Acho que a pregunta debeu ser algo tipo debe ser similar ás do teste de replicantes de Blade Runner e galeguísima resposta: "Depende!".
... e a todo isto... Moitísima Merda, estimado viciño das urbes galego-brasileiras!!
Gracias!
Efectivamente, o entrevistador quere saber por que o entrevistado non axuda á pobre tartaruga que está barriga arriba.
Postar um comentário