Hoxe tiven o privilexio de vivir un deses momentos únicos. Atravesando a península en avión, observaba o monótono chan no que crecen os cultivos castellanos mentres o sol avanzaba para esconderse en dirección contraria á nosa. Por un pequeno instante, un máxico segundo, a miña visión cambiou de súpeto. De entre as sombras do solpor, as luces das casas comezaron a aflorar. Nun piscar de ollos, naceu unha cidade aos meus pés, millares de fogares coas súas pequenas historias saíron do seu anonimato para seren admirados dende as alturas. Almas vistas dende o ceo.
A DANZA DA VIDA
-
O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do
oeste. Xa a Venus de Cerigo rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as
Gracias ...
Há 7 anos
Um comentário:
Isto precisa música...
a ser posible instrumental
Postar um comentário