Fai moito, moi tempo, nun país moi, moi lonxano...
Capítulo IV: De amor e de esperança à terra desce
Tras completar o meu primeiro ano en terras brasileiras, encaraba o que parecían ser os meus últimos seis meses en Brasil. Pero unha noite, unha linda garota do norte incendiou o meu corazón cun flamíxero facho... ou algo semellante.
Dende entón, xa pasou outro ano. E se todo evoluciona como eu espero, pasará outro máis neste país.
E xa que ambos decidimos enfrontar esta macro-cidade xuntos, creo que é importante que as nosas aventuras diarias teñan o relato que merecen, coa visión de ambos. Se ben non abandoarei completamente a perspectiva persoal, creo que este novo blog vai ser máis interesante. E todo o mundo pode comentar!
6 comentários:
Isto é honra!!
Vou ser o primeiro en comentar!!
Moita sorte e grande felicidade neste blog, neste ano e en todo o que fagades.
Apertas!
Ségun (2°)!!!!!jejeje (coma no colexio...)
Vai ser unha pena non seguir vendo as tuas fotos actualizadas directamente no fotolog,pero seguro que este blog o supera con creces.Tentarei visita-lo a miudo.
Beijhos para a parella do ano!!!
Que éxito! En menos de 24 horas xa hai dous comentarios. A ver se mantemos a media.
Espero que polo menos este blog estea á altura do anterior. E aínda non vistes do que Juliana é capaz!
Ju, agora é com você!
Ola! vou inaugurar os meus comentarios neste novo espazo. Alédome moito, porque o fotolog xa estaba sendo un pouco coñazo
ola!!!
pois xa teño ganas de ler as novas crónicas, porque a ti jackes, xa te coñezo, pero a ti juliana ainda non
bicos
Olá!
Desde Badajoz, um abraço
Roberto
Postar um comentário