Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

O misterio das cuncas xémeas


Mentres Juliana se fai de rogar para iniciar a súa contribución, vou seguir contándovos cousiñas para que o interese non decaia.

Onte pola noite cheguei a São Paulo, encontrando todo practicamente no mesmo estado en que o deixara, especialmente o gato que está sentado no meu brazo mentres escribo isto.
Pero había unha novidade na cociña: estas cuncas xémeas. Para que entendades a miña sorpresa, vouvos ter que pór en antecedentes. Durante o Nadal, na miña familia costuma facerse o xogo dos regalos coñecido como "amigo secreto" ou "amigo invisible", segundo a persoa que cho conte.
E dáse a coincidencia de que un dos meus regalos (foron tres, xa vedes a xenerosidade do/a meu/miña amigo/a) foron unhas cuncas xémeas moi parecidas a estas.
Envolvéraas con coidado para levalas de viaxe, pero a última hora tiven que deixalas fóra por falta de espazo na maleta.
Deume certa pena, porque pensei no bonito que sería poder usalas coa miña alma xémea. O que non sabía eu era que alguén lle fixera un regalo xémeo á miña alma xémea.

3 comentários:

Zabu disse...

Teño unha curiosidade enorme:

Son intercambiables? é dicir, se pos a que está enbaixo arriba... queda completa a ovella?

poderíase facer unha torre infinita de cuncas nun debuxo contínuo?

:)

Jacobo disse...

Si, son perfectamente intercambiables!
Non é xenial?

Anônimo disse...

É unha historia marabillosa chea de simbolismo.

Pero vexamos tamén o lado práctico:

¡¡¡Agora tendes cuncas xémeas tanto en Galicia como en Brasil!!!