Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

Parabéns para ti!

Hoxe é o 454° aniversario da fundación da cidade de São Paulo. E xa que este blog está dedicado a ela, non podemos deixar de felicitala.

A foto é do lugar onde a cidade foi fundada, coñecido como pátio do colégio. Aínda que eu teño varias fotos do lugar, preferín pór esta outra que non é miña, pero é moito mellor.

Resumindo a historia: o pátio do colégio foi a primeira construción xesuíta nestas terras, co propósito (pouco orixinal) de evanxelizar indios.

Quen lle ía dicir ao padre Manuel da Nóbrega que aquela cabana de 90 metros cadrados coa que comezaron iría multiplicarse unhas 17.000 veces en catro séculos e medio.

Nenhum comentário: