Hai unhas semanas, Juliana e máis eu fomos convidados a ver un programa de radio en directo. No momento de entrar no auditorio comecei a sentir aquela emoción que sempre traen as cousas descoñecidas. Non porque fose a primeira vez que asistía a un programa de radio, por sorte xa foron varias (a maioría nos programas de Pablo). A verdadera causa é que nunca antes escoitara ese programa. Pero tiña dous importantes avais: era presentado por un sensacional actor e tiña como convidado a outro bo actor.
Para non ser inxusto, aquí tedes outra. Foi feita co zoom óptico, pero o resultado non me convenceu o máis mínimo. En xeral todos os experimentos que tentei facer coa cámara non foron demasiado exitosos. Unha porquería, en resumo. Pero polo menos a foto serve para terdes unha idea da cara de Dan. Todo o mundo di que sen barba é moi parecido a Tom Hanks. Agora o parecido sería con o Tom Hanks de Náufrago.
Indo ao que interesa. O programa está moi ben: divertido, dinámico e difuso. Tentei subir un anaquiño que gravei coa miña cámara, pero o proceso parecéume excesivamente lento e desistín. Tampouco se perde nada, xa que a parte que filmei non era das mellores. Espero poder ir máis veces no futuro, e quen sabe se non podo incluír unha boa mostra de por que a radio nunca será un ruído de fondo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário