Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

domingo, 9 de março de 2008

El Abuelo


Non é ningún segredo que actualmente dispoño de bastante tempo libre para outras actividades. Un dos meus proxectos neste semestre e dedicar parte deste tempo ao estudo da lingua de Shakespeare.

Hai unhas semanas que comecei as clases, no pouco habitual horario das dúas da tarde. Cando fixen a matrícula reparei nunha advertencia que figuraba na folla: "informamos que os horarios da tarde son ocupados maioritariamente por adolescentes, recomendamos para adultos os horarios da noite ou do fin de semana".

A veracidade da información foi constatada dende o primeiro día. Con alumnos que beiran os 18 anos convertinme no avó da clase. Dáse a circunstancia de que o máis novo dos meus compañeiros ten 14 anos, exactamente a metade da miña idade actual.

Polo demais as clases son bastante interesantes. Ao estar dentro do nivel avanzado os contidos son máis específicos e consigo aprender máis vocabulario. O que me estou dando conta agora é o pouco que se aproveitan os estudas cando un é adolescente. Ás veces parece que eu son o único que ten ganas de traballar alí! Talvez sexa porque son o único que é realmente consciente da utilidade do que estou facendo. E tamén o único que paga aquilo co seu propio diñeiro...

Nenhum comentário: