Esta e outras actividades de dubidoso sentido do humor son feitas como recibimento aos novos universitarios. E o peor é que eles parecen aceptalo de bo grado, polo menos na maioría dos casos.
Como excepción apareceu unha noticia no xornal durante esta semana. Un alumno que se negou a someterse a este tipo de tortura moderna recibiu outra máis tradicional: unha malleira. En xeral parece mellor aceptar o da pintura, non si?
As bromas rozan case sempre o pesado, pero hai outras máis leves. A máis simpática é a venda de bicos. Xa sei que as transaccións económicas relacionadas co amor reciben outro nome, pero neste caso non pasa disto... ou polo menos ata onde eu sei. Non é o único que se vende. Ás veces véndese unicamente a comicidade do calouro frente os indiferentes conductores parados no semáforo de turno.
E que se fai co diñeiro que se obtén destas vendas? Todo isto ten un noble obxetivo final: financiar a borracheira dos alumnos máis vellos que monitoran estas actividades.
Nenhum comentário:
Postar um comentário