Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

La vuelta al cole

Acabaron as vacacións e practicamente o verán (polo menos na teoría). Esta semana comezo outra vez as miñas clases. Rematou a vida ociosa.

Como despedida, Juliana e eu fixemos unha viaxe á marabillosa Ilhabela. Era un dos meus proxectos máis vellos neste país, pero ata esta semana nunca conseguira levalo a cabo. A razón principal é que o lugar non está perto. Pero tampouco está lonxe! Tres horas en coche e quince minutos de balsa son suficientes para chegar dende a nosa casa ata a illa.

Non vou falar da viaxe. Quero deixarlle iso para Juliana, a ver se así se estrea finalmente no blog e vemos un pouco de portugués por estes lares.

Como aperitivo, déixovos esta foto do solpor na bonita praia do Curral.



Nenhum comentário: