
Ata aí chegou a noticia? Dende logo chegou máis lonxe que o protagonista dela.
Por se alguén non coñece a história: un cura brasileiro tentou facer o domingo pasado un voo de 20 horas con mil globos de festa con helio. No lugar diso, o vento levou ele na dirección do mar, onde desapareceu. Dous días despois atoparon os globos, pero a el aínda non.
Pese ao tráxico da situación, moitos aproveitaron para explotar a situación polo lado humorístico (véxase a foto). O meu preferido é este titular: Um padre foi para o céu.
Um comentário:
Pois si que chegara a noticia si. Nos periódicos gratuitos foi onde a lin eu.
Gústame moito o cartel de Lost co cura voador, que mala hostia...
Saúda da miña parte á túa señora. :)
Postar um comentário