Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sábado, 3 de maio de 2008

Virada Cultural

Imaxinade que a alguén se lle ocorre falar con grupos musicais de diferentes estilos e convencelos para tocar en lugares públicos con acceso libre. Imaxinade que deciden que as actuacións se sucedan durante 24 horas dende as 18h do sábado ata as 18h do domingo. Imaxinade que deciden facelo todos os anos. O concello de São Paulo xa o imaxinou e decidiu chamalo Virada Cultural. Pero parece que en París xa o imaxinaran aínda antes co nome de Nuit Blanche.

O evento en cuestión foi celebrado aquí no fin de semana pasado e contou con nomes importantes da música brasileira como Mutantes, Jorge Ben Jor, Gal Costa ou Tom Zé, a quen citei noutro artigo anterior. Precisamente quería referirme de novo a este último.

Este mozo baiano de 72 ano continua transmitindo enerxía e bo humor nos seus concertos. Eu só escoitara os seus CDs máis antigos e confeso que quedei impresionado. O concerto tivo lugar na Casa das Rosas, lugar moi interesante dende o punto de vista cultural, pero pouco apto para este tipo de eventos. A maior parte do concerto tivemos que vela cunha árbore diante, de forma que a figura do artista só podía imaxinarse entre as frondosas e verdes pólas. Foi como a famosa historia das pelis porno do canal+, que dicían que entornando os ollos podían verse cousas.

Polo demais o evento foi todo un éxito: boa música, ambiente distendido, seguranza e transporte funcionando sen parar. Esperemos que se manteña en futuras edicións.

Um comentário:

Anônimo disse...

Carallo qué nivel Maribel, mal mal non o pasades eh!

Unha aperta dende Badajoz

Roberto