As últimas semanas foron de moito traballo académico e, apesar de ter moitos asuntos dos que podería falar, non puiden sentarme con calma para escribir ata agora.
Comezando co principal: en menos de un mes Juliana e eu estaremos en Vigo. Levamos preparando esta viaxe hai moito tempo, e agora xa podemos dicir que é definitivo. Tan definitivo como que temos billetes de avión para cruzar o océano con dúas compañías diferentes! Se falla unha sempre teremos a outra...
Vou explicar un pouco esta historia extraña. O plano inicial era voar coa famosa Varig, pero unha vez mais a compañía deixoume tirado: suspenderon os voos a Madrid no mes de marzo. Como plano B, decidimos comprar billetes con Iberia, que estaban a un bo prezo. Pero novamente a Varig nos sorprendeu, ofrecéndonos a alternativa de viaxar a Madrid vía París. Todo apunta a que cancelaremos os billetes de Iberia e quedaremos cos da compañía brasileira... se non anula a viaxe antes!
Irei informando das datas exactas, de momento só podo asegurar que o 7 de xullo estaremos en Madrid. Ide facendo un oco nas vosas axendas!
3 comentários:
Me levem junto dentro de uma das carteiras lindas que a Jú faz... (rs rs rs rs).
Hum.. Espanha! Caramba, um dia eu vou conhecer...
beijos e boa viagem!!!!
esqueci de perguntar:
- e o Joca?
Joca vai passar uma temporada de sol e calor no Rio de Janeiro...
:)
Postar um comentário