
Estes días fixen varias entrevista de emprego, co obxectivo de traballar como profesor de espanhol en empresas. O primeiro contacto ten sempre o nervosismo que trae a incerteza do descoñecido. As reaccións posteriores da outra persoa condicionan a percepción sobre o noso desempeño. Esa cara seria será porque non lle está gustando o que lle conto?
Sempre ven a pregunta das experiencias pasadas e inevitablemente aparecen os principais defectos e virtudes. Finalmente, unha frase que se repite expresada de formas distintas: "como teño o teu teléfono xa seguiremos en contacto no futuro". E cando os días pasan e a chamada non chega... só queda desesperarse. Que será o que fixen mal?
A única solución para o desespero é a promiscuidade. Acudir a todos os encontros posibles, falar con todo o mundo e xurar fidelidade eterna. Por probabilidade, algún ten que caer...
Un día, cando menos o esperas, o teléfono soa. É a persoa que querías oír, ofrecendo o que tanto desexabas. E desta forma complétase a conquista. Paciencia e perseverancia acaban resultando en grandes historias de amor.
Um comentário:
gostei desse texto, bastante!
Postar um comentário