Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

terça-feira, 7 de outubro de 2008

Resaca electoral

Dando continuidade ao asunto: este domingo foi o grande día no que se escollían prefeitos e vereadores no Brasil enteiro. No caso da nosa cidade con paralelas que se encontran, haberá aínda un segundo round entre Kassab e Marta, sendo que o primeiro parte con vantaxe.
Precismente o candidato dos Democratas foi covardemente atacado na véspera das eleccións mediante unhas octavillas difamatorias (ou non). Cando pasaba eu aquel día pola avenida Consolação vin no chan uns panfletos que dicían algo así como "os filhos de deus não votam em prefeito gay". Defendía que o candidato gostaba de homes e ata que vivía con un, cousa que eu ignoro se é verdade. Como era de esperar, ninguén asinaba aquilo. Así que dunha soa vez deixaba mal aos gays e aos fillos de deus. Creo que este feito, especialmente sendo no último día de campaña, non precisa de máis comentarios. Coméntase só.

Respecto aos vereadores, nin Otero, nin Enéas Filho, nin un bo número de famosetes que se presentaban aproveitando a popularidade que dá a TV foron elexidos. Bo para a democracia; pena polo meu parente lonxano.

A uns cen quilómetros daquí, Campinas escollía tamén o seu prefeito. E alí estiven eu, non votando pero si acompañando a votación de perto. Foi unha nova experiencia para min. Diferente do sistema que coñecemos na miña terra. Mellor polo uso de tecnoloxía a traves das urnas electrónicas, que permiten votar dixitando o número do candidato. Peor pola falta de capacidade para evitar prácticas irregulares nos colexios electorais, como a distribución de propaganda dos candidatos. A foto dá unha boa idea diso.

Non é irónico que ningún dos autores deste blog sobre São Paulo teña votado para escoller a persoa que vai dirixir a cidade nos próximos cuatro anos?

Nenhum comentário: