Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sábado, 29 de novembro de 2008

Fin de curso

Acaba o ano, e con el a actividade escolar. Estas últimas semanas estiveron cargadas de traballos, presentacións, lecturas de libros e exames. Unha verdadeira volta á época de estudante. E acabei por darme conta que estudar non se me daba mal! A pena é que agora mesmo só serve para autorrealizarme e colocar información adicional no meu currículo (Será que antes servía para máis? Imos pensar que si, que contribuiu á miña formación).

Adeus entón a este revival estudantil, e ola de novo á actividade laboral. Xa curtido no meu papel de profesor-tradutor, agora é tempo de procurar novos horizontes (ou talvez vellos horizontes novamente).


100 jacopuntos para quen me encontre traballo e piso para dous en calquera cidade de Europa.

Nenhum comentário: