
Xurdiu unha proposta para traballar facendo narración. Fixen unha proba de voz e quedou en arquivo para o momento no que alguén me escollese.
E o momento chegou: tiven que gravar un libro de español. Foi unha hora de locución, e debo dicir que non se me deu mal de todo. Polo menos tendo en conta que non precisei regravar moita cousa, foi case todo na primeira toma. Ou talvez faltou perfeccionismo nos meus xefes...
En calquera caso, gustoulles o meu traballo. Xa me propuxeron facer os volumes II e III. E a verdade é que me divertín bastante. Treme, Constantino Romero!
Nenhum comentário:
Postar um comentário