Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sexta-feira, 5 de dezembro de 2008

Parabens para Ju

Hoje fixo anos a xefa deste blog, así que non esquezades as felicitacións.

Non houbo grandes conmemoracións. Celebrámolo aquí en casa con viño e delicatessen variadas. Pero como a ocasión o merecía, había que vestir as mellores galas. Foi nestas mellores galas onde me deparei con unha sorpresa.

Nun dos bolsos do pantalón atopei unha nota do supermercado de 2005 en realativo bo estado, tendo en conta que xa pasara á categoría de reliquia. Pero o mellor non foi iso, senón que vendo a data da nota deime conta de que tiña EXACTAMENTE tres anos. Era do día do aniversario de Juliana cando aínda faltaba un ano para coñecernos. Coincidencia? Meigas? Habelas, hainas...

Reproduzo aquí o seu contido para estudo de xeracións de astrólogos no futuro:

CIA BRASILEIRA DE DISTRIBUICAO
AV. BRIGADEIRO LUIZ ANTONIO, 2013
SAO PAULO - SP
05/12/2005 18:02

CUPOM FISCAL
001 LTE S/DES 1,15
002 LTE S/DES 1,15
003 MINI PIZ M 4,03
004 LASANHA CR 5,98
005 GELEIA MOR 4,75
006 GELEIA GOI 2,73
007 BIS. NESTLE 2,50
007 BIS. NESTLE 2,50
TOTAL 24,79

Unha cousa é certa: a miña alimentación mellorou bastante nestes últimos anos.

Um comentário:

Zabu disse...

Parabens a voçe, parabens a voçe...

Moita felicidade para os dous!!!!

(que gran casualidade a da nota!!)