
Esta semana morreu unha ciclista atropelada por un autobús na cidade, e o asunto das ciclovías cobrou atualidade. Estas mortes son bastante máis frecuentes do que as persoas pensan, mesmo así poucas medidas son tomadas.
Andar en bicicleta nesta cidade parécelle unha temeridade a moita xente, incluindo ao autor destas liñas que xa pensou na posibilidade. O ciclista está indefenso frente aos coches en calquera lugar do mundo, pero aquí a situación é aínda peor debido ao volume de vehículos. Porén, é unha das poucas alternativas ecolóxicas para fuxir do caos circulatorio da cidade. Crear vías exclusivas parece a mellor solución, pero onde? De novo a falta de espazo...
A foto foi roubada de http://inutilidades.hex.com.br. Tem outras simpáticas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário