Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Moro no país tropical

Imaxino que moitas persoas non o saiban, ou algunas poden sabelo e non ser conscientes, pero en calquera caso aquí está a proba de que o trópico de capricornio pasa por São Paulo.

Dende Ubatuba ata Taguaí, esta liña imaxinaria divide o estado de São Paulo en dous, continuando por Paraná, Mato Grosso do Sul, Paraguai, Arxentina e finalmente Chile, saíndo do continente pola cidade de Antofagasta.

Examinando ben o percorrido no continente americano, o punto no que fixen a foto (lonxitude 46° 45' O) debe ser dos máis interesantes. E dos máis deliciosos. Ben do lado ten un Rei da Pamonha con todo tipo de delicias a base de millo.

Un último comentario: se tedes algunha dúbida respecto a algún asunto NUNCA utilizedes o yahoo respostas como fonte de información. Mentres me documentaba para escribir isto, encontrei a seguinte pérola que demostra como é acertado aquel dito popular de que a ignorancia é atrevida:

Pregunta: A linha do equador e o trópico de capricornio cortam quais estados brasileiros?
Melhor resposta(?): "a linha do equador passa bem ali no hoppy hary... nem sei se é assim que se escreve... e alias tbm não sei se é o de capricornio ou equador .. mas sei que uma delas é la..."

Nenhum comentário: