Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

quarta-feira, 18 de março de 2009

Cidades Paralelas

A forza de alternar a miña vida entre Vigo e São Paulo, acabei buscando paralelismos entre as dúas cidades, pero as diferenzas son sen dúbida moito máis numerosas.

Onte esperaba un autobús e tiña a sensación de que nunca ía chegar. Obxectivamente o tempo de espera é aproximadamente o mesmo nos dous lugares. Cal é entón a diferenza? Pois que mentres espero o meu bus en São Paulo vexo pasar outros 15 ou 20, e en Vigo se vexo 5 xa vexo moitos. Non é de estrañar, xa que son 800 liñas diferentes fronte a só 35.

As diferenzas de tamaño son evidentes, porén hai un detalle interesante. A poboación paulistana é 42 veces a viguesa, pero as liñas de autobús "só" son 23 veces maiores.

Non quería aburrir con números. Só constatar como cando o tamaño dunha cidade se sae dos padróns a dificultade para que funcione eficientemente tamén é maior. Pero tamén é certo que a calidade acaba compensándose coa cantidade. Que é mellor: un autobús a cada hora que chega puntualmente? ou decenas de autobuses pasando constantente entre os que algún pode servir para o noso propósito?

Deixo a pregunta aberta, pois eu non sabería que dicir (aínda que hai unha lixeira preferencia pola segunda opción.

Um comentário:

Juliana Veronese disse...

Interessante essa informação... Quer dizer então que, proporcionalmente, Vigo tem quase o dobro de ônibus que São Paulo. Eu prefiro a primeira opção - acho mais negócio você se programar e ir para o ponto na hora certa do que ficar lá plantado 20 minutos vendo passar um monte de ônibus que não interessa.