
Unha das miñas preferidas é a sensación no corpo cando pasa do frío ao calor. Son dificilmente descriptibles os segundos de felicidade cando acabas de saír do mar xélido e deitas na toalla deixando que o calor seque o teu corpo. Sen chegar a eses extremos: pasear nestes últimos días de inverno trae moitas veces ese benestar co simple xesto de esperar parado. Cando vin por primeira vez Os luns ao sol, identifiquei aquelas viaxes de Javier Bardem para atravesar a ría con esa sensación. En certo modo é como se o cambio de estacións se fixese presente e o comezo da primavera trouxese a esperanza de tempos mellores. Recompensa despois do duro inverno.
Hoxe acabou. Que traerá agora o futuro?
Nenhum comentário:
Postar um comentário