Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

segunda-feira, 1 de junho de 2009

Samba do avião

Chamádeme oportunista, pero os sucesos de hoxe piden que escriba algo. Refírome ao dobre desaparecimento da General Motors e do avión da Air France.

O dos coches víase vir dende había tempo. Non é que me alegre, pero está ben para que algunhas persoas abran os ollos e vexan que hai outras formas de facer as cousas dentro do mundo dos negocios.

Tampouco vou pórme eu a dar leccións de administración de empresa, ainda que teño algunha formación na materia. Pero no que son experto realmente é no segundo asunto: voos transoceánicos.

No caso dos avións non sei se dicir que se vía vir... Pero non se pode dicir que sexa inesperado. Con este xa son 4 os accidentes de aviación graves nos últimos anos. Lembrando:
  • Setembro de 2006: Voo Gol 1907. 154 mortos (2º pior accidente da historia da aviación brasileira)
  • Xullo de 2007: Voo Tam 3054. 199 mortos (O pior accidente da historia do Brasil)
  • Agosto de 2008: Voo Spanair 5022. 153 mortos
  • Xuño de 2009: Voo Air France 447. 228 desaparecidos. (E si, alguén xa fixo unha entrada na wikipedia sobre o asunto).
E cal é a miña conclusión? Pois que neste ano xa non vai haber máis accidentes graves, aproveitade para viaxer antes de decembro! Bromas aparte, estes sucesos danse por unha suma de fatalidades e son unha porcentaxe insignificante se comparamos co total de voos existentes. Que ninguén deixe de "cruzar o charco" por isto.

2 comentários:

Crystal disse...

Nao gosto de noticias tristes...

O número pode ser insignificante diante do número total de voos, mas assusta pela forma tragica e pelo número de mortes simultaneas...

Dá medo de viajar de aviao sim!

Jacobo disse...

Mas morre muita gente anonimamente todo o dia, às vezes com histórias de pôr o cabelo em pé.

Não podemos deixar de viver a vida por medo da morte! Lembrando que o avião é o meio de transporte mais seguro, perdendo apenas para o elevador.