Paralelas que se encontram

As aventuras de uma carioca, um galego e um gato maluco na maior cidade da América Latina - e no primeiro blog galego-brasileiro!

sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Espazo electoral gratuito

Algúns talvez lembredes que no seu día comentara sobre as eleccións brasileiras para presidente da república. Dous anos despois daquel comentario, o meu coñecimento sobre a política brasileira aumentou considerablemente. E de novo hai eleccións, como ven dicía Juliana, esta vez as "municipais" nas que son elixidos os novos "prefeitos" e "vereadores", equivalentes aos nosos alcaldes e concellais. E Geraldo Alckmin, o home derrotado por Lula nas últimas eleccións, candidátase agora para rexir a maior cidade do país. Só para acabar con as semellanzas, Eneas Carneiro tamén era protagonista naquel momento... só que aínda estaba vivo.
A política neste país non é tan partidista como a que se ve en España, senón que está baseada na capacidade de convocatoria dos candidatos en cuestión. Isto explica, por un lado, a cantidade de partidos políticos existentes e, por outro, a diferenza de desempeño destes partidos en función de quen encabece a lista. São Paulo, onde o PT de Lula perde bastantes votos tradicionalmente, está a punto de escoller unha alcaldesa do partido do presidente.
Pero o máis sorprendente é ver que dos catro principais candidatos, tres xa foron "prefeitos" anteriormente, e o outro foi governador do Estado. Isto endurece a disputa e permite que disfrutemos o mellor das campañas: os jingles electorais. Promocionar todo o que se fixo cando se gobernou a cidade e minimizar o que fixeron os outros son tácticas perfectamente válidas. Isto merece un capítulo aparte.

Nenhum comentário: