O Carnaval pasou diante dos nosos ollos e agora xa vai saindo polo extremo da semana. Teoricamente xa rematou, pero nesta fin de semana aínda ten algunhas reminiscencias co famoso "Desfile das campeãs".E quen son as campionas? Onte foi divulgado o resultado do Rio, onde a Salgueiro deu o espectáculo, e anteonte o de São Paulo. Aquí a escola do noso barrio, a Vai-Vai, sempre parte como favorita. Este ano ademais era a vixente campiona, e presentaba un enredo moi ben deseñado. Nas votacións foi un man a man entre ela e a Mocidade Alegre dos que poucas veces se ven. Chegando ao último xurado, a Vai-Vai tiña a oportunidade de facer o bicampionato cunha nota 10 para a súa alegoria. Pero a nota, a penúltima do reconto, non foi esa.
Juliana celebrou, máis que nada lembrando os eventos do ano pasado. Eu quería que a Vai-Vai gañase por aquel sentimento barrístico que todos temos, pero ao final preferín que a festa fose no barrio do Limão.
Nenhum comentário:
Postar um comentário