
En São Paulo, como en moitas cidades, poden encontrarse estas persoas andando entre a xente, pero a probabilidade de ser parado non é demasiado grande (por aquilo dos 17 millóns de persoas).
En Vigo, en cambio, en apenas un mes xa fun abordado dúas veces, a última hoxe mesmo. A vez anterior estiven escoitando a chapa ata que o meu autobús chegou. Pero desta usei unha estratexia tan perversa como eficaz. Dábase a coincidencia de que antes de ser parado acababa de ver pasar outra parella, non sei se da mesma especie ou doutra. Así que cando oín o "disculpe, señor", veume rápidamente á cabeza a frase "acabo de ver dous compañeiros vosos!". Eles sorriron entendendo que xa tiña sido catequizado, que era o que eu quería que interpretasen. Así que me librei rapidamente deles e sen precisar mentir, que sería pecado en calquera relixión.
O que non é pecado é tentar invadir as cabezas alleas coas crenzas propias. Debería ter mentido.
Nenhum comentário:
Postar um comentário